PAISAXE DE AMOR. A HISTORIA DUN DUELO EN IMAXES

 

Hai tempo, que desexaba compartir con vós, unha breve reseña deste conto ilustrado do autor taiwanés, Jimmy Liao, publicado por Barbara Fiore Editora.   

 

“Paisaxe de amor” é a historia dun duelo en imaxes. E como a miña intención é, non facer un “spoiler”, só quero dicir que hai esperanza.

 

 

 

“O duelo é un proceso, non un estado”

 

 

Anne Grant

 

 

 

Merquei este libro, ao pouco de morrer o meu pai, porque a imaxe da portada exercía un efecto hipnótico sobre min. Estaba profundamente conmovida, pola imaxe desa muller abatida cos ollos vendados, acompañada pola presenza invisible dun anxo. Eu permanecín nese mesmo estado, durante meses,  ata que a presenza desapareceu.

 

 

 

 

Paisaxe de Amor. Limmy Liao 

 

 

Lembro perfectamente a mañán na que espertei, coa certeza absoluta de que xa non estaba. O primeiro que sentin foi a vertixe. Logo viu unha grande sensación de tristeza e soidade.  Ese día, abrín o libro polas últimas páxinas e dinme de conta, de que “non lle reprochaba á primavera que chegase de novo”. Ante os meus ollos, a Vida estaba a despregarse por fin. Tiña estado aí en todo ese tempo, enteiramente dispoñible, agardando por min.        

 

 

Entres pola porta que entres, a Vida estache esperando”

 

 

Ramón Resino

 

 

 

 

 

Tes vivido recentemente a morte dun ser querido? Canto tempo cres que leva procesar un duelo? Cres que o duelo é un  estado? Hai historias de duelos non procesados na túa familia? Que efectos cres que poden estar tendo na túa vida?

 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*