PODEMOS RENUNCIAR Á NOSA HERDANZA FAMILIAR?

 

 

En pleno confinamento polo coronavirus, recibo unha noticia que está relacionada con outra Coroa. Felipe VI renuncia á herdanza persoal do seu pai, contan. Automáticamente, viume á cabeza unha viñeta de Leandro Barea, sobre a que quería escribir, xa hai tempo.

 

 

Que pasa cando a aceptación da herdanza implica máis custos que beneficios? Neses casos, pódese renunciar, aínda que, segundo indica o artigo  991 do Código Civil: “Nadie poderá aceptar nin repudiar sen estar certo da morte da persoa, a quen haxa de herdar e do seu dereito á herdanza”.  Isto quere dicir que o Rei non poderá renunciar polo  momento á herdanza do seu pai, a pesar do custo, que para el tería aceptala.   Dalgún xeito, o seu foi un xesto simbólico.

 

 

A renuncia ás herdanzas disparouse en España, disque, dende que comezou a crise económica, no ano 2008. Parece unha opción sinxela e cómoda, se o aplicamos ó conxunto de bens, dereitos e obrigas, que compoñen  á masa hereditaria.

 

 

Pero que habemos facer con outros aspectos das herdanzas familiares, que non son tan visibles? Que podemos facer co patrimonio inmaterial da familia?

 

 

O poeta Philip Larkin tíñao claro, cando escribiu, o poema “This Be The Verse”Dalgunha maneira, concebía a herdanza, como un conxunto de eivas, que se transmitían, de xeración en xeración. Por iso, instaba ás persoas a seguir o seu exemplo e non perpetuar a especie. Todo o contrario a eses versos do libro da Xénese, que din: “Poblade en abundancia a terra e multiplicádevos”. 

 

 

Eu non comparto o nihilismo de Larkin, pero admiro a beleza e sonoridade dos seus versos. Acepto tamén a evidencia, de que somos seres imperfectos. 

 

 

 

 

 

 

 

 

“They fuck you up, your mum and dad.

 

 They may not mean to, but they do.

 

 They fill you with the faults they had

 

 And add some extra, just for you”.

 

 

This Be the Verse. Philipp Larkin

 

 

 

Pero , volvamos ó pequeno da viñeta. De verdade, que ten que aceptar o seu legado familiar, aínda que sexa unha merda?  Non é posible escapar do meigallo?  É evidente que o mundo, tal e como era ata hoxe, coas súas tarxetas “revolving” e súas salas de xogos offline e online, non axuda. Pregúntome se hai alguna posibilidade, de que ese neno rompa co patrón. Permítideme, de novo, que sexa optimista.

 

 

 

HERENCIA FAMILIAR

 

 

 

 

 

 

 

Conta Marie-Noëlle Maston Lerat, no seu libro “Psicogenealogía en torno al dinero y al éxito”, que se temos en conta a relación que as persoas teñen co diñeiro, hai dous tipos de familias: a das chicharras e a das formigas.

 

 

Unhas gastan a esgalla e outras aforran dun xeito enfermizo. Unhas orientadas ó presente e outras ó futuro. As chicharras terán aversión, a ocuparse de todos eses asuntos, que teñen que ver co diñeiro. As formigas vivirán nunha situación de ansiedade continua, porque nunca lles parecerá que teñen dabondo. As familias chicharras enxendran chicharriñas e as formigas, formiguiñas. Aínda que tamén é posible, que a experiencia de vivir na entre chicharras, faga que mudes en formiga, e viceversa.

 

 

Confío en que o noso pequeno poderá manter o equilibrio, entre ser chicharra e formiga. Por moito que predique La Fontaine, coa súa fábula: “A chicharra e a formiga” a vida da formiga non é vida.  Polo que se refire a familia real,  deben de pertencer a outra especie.    

 

 

 

A túa familia é máis chicharra que formiga? Tes tentado, alonxarte do modelo repetido? Que contos se contan na familia, en relación co diñeiro? Houbo alguén que perdeu todo o seu patrimonio, polo xogo? Houbo quizais  perdas, relacionadas cun engano ou unha inxustiza?

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!