Descubre as túas raíces

Esta é unha opción adaptada, para descendentes de persoas, que emigraron desde Galicia.

Pode que pasasen cincuenta anos, cen ou máis. 

A pesar diso, queres saber máis desa terra de onde un día partiron os teus avós e avoas.

 

Emprenderemos unha viaxe no que poderás saber de onde vés,  sentir a esencia desta terra e cultura, e reconectar coas túas raíces.  

 

Neste caso, complementarei a investigación con abundante información sobre o fenómeno migratorio, a forma de vida na localidade de onde era orixinaria a túa familia e a etnografía. Haberá música e baile. E tamén comida.

Poderás, en definitiva, comprender aqueles relatos tantas veces escoitados na túa infancia, que falaban dun lugar estrañado.

Se o desexas ademais, podo tentar atopar á túa familia viva. E tamén axudarche a planificar unha viaxe a Galicia, que inclúa visitas aos lugares crave, da túa historia familiar.  

 

Será unha viaxe redonda.

Axúdoche a buscar as túas raíces
Don`t copy text!