la genealogía es ahora

RESPIRA. A XENEALOXÍA E AGORA

Conteivos que hai veces que escoito cancións en bucle?

 

Iso é o que teño feito, este pasado mes de setembro.

 

Natalia Doco convidándome a respirar uhna e outra vez.

 

Ten sido un mes de inhalar e exhalar pesares e dores tan antigas, que parece que viñesen do principio dos tempos.  

 

O peor de todo é que conforme o fago, aparecen outros e outras, a pesar de que lles advirto: “Non vos amoreedes, por favor”.  

 

Non é doado deixar que os nosos demos, nos acompañen no noso día a día. 

 

Non é bonito observalos e estar con eles.

 

Pero, ás veces, pasa.

 

Petan na túa porta e lémbranche aquela vez, na que os despachaste dicindo: “Agora non podo”.

 

Regresan e pídenche que os escoites e os respires.

 

Así que respiro. 

 

Agora eu respiro. 

 

Non hai escapatoria.

 

Eses demos tamén forman parte de mín, da miña historia e da miña xenealoxía.  

 

 

 

 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!