En bisagras de papel, hai dous elementos pertencentes ao mundo material.
En bisagras de papel, hai dous elementos pertencentes ao mundo material.
bisagra e “dispositivo metálico que consta de dúas pezas cun eixe común, utilizada para unir dúas cousas entre si e articulalas, como as follas das portas ou ventás co seu marco”
papel e “folla delgada feita cunha pasta obtida a partir de fibras vexetais, que ten múltiples usos” ou tamén “o documento que acredita as circunstancias dunha persoa”
Hai tamén nestas palabras, unión, abertura, luz e transformación.
Bisagras de papel nace co propósito de axudarche e acompañarte no teu proceso de pescuda xenealóxica. Este proceso permite abrir portas e ventás para que entre luz e aire fresco. Convídate a habitar espazos que permaneceron pechados durante moito tempo. A camiñar polas súas estancias, as máis acolledoras e tamén as máis húmidas e frías. Recoñecelas como túas. E aceptalas, en definitiva, como parte de ti.