O SÍNDROME DO ANIVERSARIO

O meu pai comezou a prepararnos para o seu pasamento, cando o pasado Xoves Santo, caeu na rúa de maneira inesperada. Cando isto pasou, hai tres meses, lembrei que tamén en Xoves Santo e nun vintetrés de marzo morrera o seu pai. Sería unha casualidade esta repetición de datas? Ou sería acaso unha manifestación do síndrome do aniversario, un termo acuñado pola nai do transxeracional, para falar da memoria familiar do drama e das lealdades invisibles?   

 

 

 

“O inconsciente ten boa memoria e sinala acontecementos do ciclo de vida por repeticións de datas ou de idade” 

Anne Ancelin  Shützenberger. “Ay mis ancestros”

 

 

 

 

Cando cheguei a urxencias, souben que algo non marchaba ben… Os médicos nolo devolveron aos vinte días cun marcapasos que o convertía no coello de Duracell, unha infección respiratoria xa antiga sandada e un cadro de desorientación, que se resolvería ao á casa. Logo descubrín que desorientación era un eufemismo para non falar de demencia. A data do seu ingreso hospitalario achegábao ao seu pai e a demencia á súa nai, que xa tiña padecido esa doenza, de nome imposible de amentar .

 

 

 

 

 

EXTRACCION DE LA PIEDRA DE LA LOCURA

A extracción da pedra da loucura. El Bosco. Museo del Prado

 

 

 

 

 

A volta a casa estivo marcada por cadros de axitación que aumentaban ao serán. O meu pai, que apenas se tiña medicado na súa  vida, mudou en politoxicómano. O peor foi que a medicación non era moi efectiva.   

 

 

Veu despois un segundo ingreso hospitalario e tamén un terceiro. A súa saúde estaba cada vez máis deteriorada. Os momentos de lucidez eran no seu derradeiro ingreso, simples instantes. A súa voz estaba cada vez máis debilitada, o seu grao de dependencia era absoluto e a súa vontade de comer e beber desapareceran. Tralo seu terceiro ingreso, o meu pai regresou a casa para morrer. Regalounos doce días adicionais nos que puidemos disfrutar da súa silenciosa compaña, do tacto da súa pel e do contacto efémero do seu ollar. Foron doce días de medos e dúbidas, de soltar progresivamente e de aceptar que a medicina non o podía salvar. Neste tempo, descubrín a importancia de sentirme acompañada por familiares e amigos, por un persoal médico dunha calidade humana excepcional e por Elvira, a coidadora que cada día aseaba ao meu pai cun amor e profesionalidade infinitos.

 

 

O meu pai fixo un último agasallo antes de marchar. Escolleu o día seguinte ao aniversario da miña irmá e dun dos seus netos, o cuarto Carlos da saga. Este foi un regalo moi especial para eles e tamén para o meu irmán, o pai dese pequeno. Non esqueceu ser xeneroso comigo, xa que sempre que celebre a noite de San Xoan, lembrareino mentres contemple o lume.

 

 

A súa marcha coincidiu tamén coa data de pasamento dun dos seus irmáns máis vellos que morrera aos sesenta e cinco anos da mesma doenza e dunha tía abóa que morrera prematuramente, só vintetrés aniños,  apañando cereixas. Meu pai nao comerá cereixas. Foise espindo pouco a pouco de toda roupaxe, para voltar á casa cos seus.         

 

 

Hai algunha coincidencia de datas no teu sistema familiar? Coincide a túa data de nacemento coa morte dalgún familiar? Hai algún acontecemento importante da túa vida, que garde paralelismo coa traxectoria vital dalgún dos teus antepasados?     

 

 

 

7 Comentarios

  • Ana

    28.06.2016 at 23:23 Responder

    Muy bueno el texto!!! Lleno de emociones.

    Yo si tengo algo curioso coincidente. La fecha de nacimiento de la pareja que mas he querido en mi vida, coincide exactamente con la fecha (dia, mes y año) en la que nacia y moria a las 6 horas la segunda hija de mi madre… que yo no conoci.

    Me resulta muy curioso pensar que su madre y la mia estaban de parto en el mismo momento.

    • bisagras

      29.06.2016 at 11:01 Responder

      Nada es casual. Eso es lo que se llama incesto simbólico. Has buscado a esa hermana desconocida y la has encontrado con la pareja que más has querido en tu vida.

  • Mayka Rodero

    03.07.2016 at 21:30 Responder

    Preciosa la lectura!!!

    • bisagras

      04.07.2016 at 08:21 Responder

      Gracias!!!

  • Marina Toledo

    10.07.2016 at 11:47 Responder

    Precioso, Helena, muchas gracias por compartirnos este trocito de tu alma. Un fuerte alambrazo,
    Marina

  • Amanda

    20.10.2017 at 18:25 Responder

    Hola Helena:

    Este artículo me genera mucha emoción y me hace conocer otra parte de ti. Aunque en principio triste, es un artículo muy inspirador que consigue hacer un poco bonito el acontecimiento que ningún humano puede esquivar. Estoy segura de que tu padre estará muy orgulloso de ti.

    • bisagras

      01.11.2017 at 20:06 Responder

      Me gusta que te inspire. Gracias, Amanda!!!

Deixa un Comentario

*