SILENCIO. SEGREDOS DE FAMILIA

 

 

 

Hoxe, mentres preparo un obradoiro de xenealoxía, no que falaremos de segredos familiares, resoa na niña cachola, Silencio”, unha canción preciosa interpretada por Ibrahim Ferrer e Omara Portuondo,   durante a mítica xira de Buena Vista Social Club.

 

 

Emocionábame moito, sempre que a escoitaba, aínda que nunca me detivera na letra.

 

 

Agora sei que ese silencio, era unha estratexia que, a cotío, despregaban as persoas  adultas, para preservar a inocencia infantil. Pouco lembro das dores do meu pai e a miña nai, cando eu era cativa. Era algo que non se compartía. Só cando vivín experiencias semellantes, sendo xa adulta, fun quen de darme de conta da gravidade dos seus silencios e da intensidade da súa dor.  

 

 

Lembro cando a miña avoa dicía “Hai roupa estendida”. Era a sinal para cambiar de tema, xa que había cousas que non se falaban, de diante dos pequenos. Sempre que dicía iso, sentíame realmente incómoda. Era eu a roupa extendida? E en caso de selo, que clase de prenda supúñase que eu era? Uns pantalóns, unha saia ou unhas bragas?

 

 

Escoito de novo a canción é xa sei que non era unha simple peza de roupa, senón unha delicada flor, que dormía nos seus xardíns. Que clase de flor? Un nardo? Unha rosa? Unha azucena?   No silencio dos adultos había no fondo, moito amor.

 

 

 

Como di o retrouso:

 

 

 

“Silencio, que están durmiendo los nardos y las azucenas

 

 

 

No quiero que sepan mis penas

 

 

 

Porque si me ven llorando morirán”

 

 

 

 

“Silencio”. Rafael Hernández Marín

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Que sabes da túa historia familiar? Hai moitas dores, sepultadas baixo capas de silencio? Que pasaría se por fin, puxésemos palabras ao que foi?       

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*