LECTURA E INTERPRETACIÓN DA ÁRBORE
O corpo do home é a casa, onde habitan os seus antepasados

Gustav Meyrink

Outro dos meus papeis é o de acompañarte, coa finalidade de utilizar a investigación xenealóxica como unha ferramenta para o autocoñecemento e desenvolvemento persoal. Debuxaremos un mapa familiar diferente, no que atenderemos especialmente ás exclusións, segredos, perdas e repeticións. Tamén ás posibles identificacións. Convidareite a pasear por esa casa que habitan os teus antepasados, escribir a súa historia e contextualizala. Proporeiche observar quen es dende unha perspectiva diferente.

Que ves agora cando hai máis luz na túa casa?

 

O meu papel consistirá en estar ao teu carón, en todo momento. O teu papel será decidir que estancias da túa casa queres visitar, onde queres dirixir a túa ollada e durante canto tempo. Tamén darlle un significado ao que sentes e observas. Lembra que só ti podes cambiar a túa historia.

Durante o proceso facilitareiche ferramentas ( PNL, intelixencia emocional e psicoxenealoxía), que che permitirán coñecer quen es e poder avanzar Pasear polo pasado converterase nunha viaxe apaixonante ao centro do teu Eu, que te empurrará cara ao futuro.