BALEIRO: BREVE GUÍA PARA SOBREPOÑERSE Á DOR DUNHA PERDA.

 

Algunha vez tes experimentado unha perda? Como falar deste título de Barbara Fiore Editora, sen desvelar o final?

 

 

“BALEIRO” de Anna Llenas é un álbum ilustrado para todas as idades, que fala da resiliencia. A súa protagonista, Xulia, é unha pequeña que sufre unha perda. Non sabemos exactamente de que clase. Só sabemos que desde ese momento, xurde na nena unha enOOOOOrme sensación de baleiro, un buraco enOOOOOrme que se instala no centro do seu corpo.

 

 

VACIO ANA

 

 

Ilustración: Baleiro. Anna Llenas. Barbara Fiore Editora. 2015

 

 

 

Desde entón,  Xulia tentará lidar con esa sensación nova e desacougante, que ocupa cada vez máis espazo. Ata descubrir que ese baleiro non pode ser enchido con outras cousas, nin tapado ou borrado. Só cando Xulia pide papas, é cando atopa a chave para integrar esa ausencia e para reconectarse coa Vida. 

 

 

 

 

 

 

 

 

“BALEIRO” contén moitos elementos dunha novela de aprendizaxe ou “Bildungsroman”. O personaxe evoluciona ao longo da historia, transformándose en alguén novo, que ten aprendido a perder.    

 

 

 

“A vida é uhna gran danza, de acción e  retracción, de alegría e tristura , de ganancias e perdas. Debemos aprender a deixar ir, a ceibar”.

 

Joan Garriga

 

 

“BALEIRO”  é tamén un manual abreviado de “Focusing” para nenos e maiores. Esta técnica terapéutica corporal, aportación do psicoterapeuta austríaco Eugene  Gedlin, permite coa escoita amigable da nosa “sensación sentida”, atopar recursos para a solución dos nosos problemas. De feito, a metamorfose de Xulia comeza no momento no que ela conecta co baleiro, olla para el,  escoitao e permite que as emocións se expresen libremente.  

 

 

 

Hai tamén outros baleiros. Son eses, que teñen  a súa orixe en perdas, que non son nosas. Son perdas tan dolorosas, que non foron integradas por aqueles que as sufriron e son transmitidas ás seguintes xeracións. Estes traumas sen resolver ou experiencias sen  dixerir, pasan a formar parte do sistema familiar, ata que aparece unha Xulia, que decide mirar, escoitar e verbalizar esa dor, para aqueles que non o fixeron. 

 

 

 

Algunha vez tes sufrido unha perda? Tes a sensación de levar algunha dor antiga, que non é túa? Queres que te acompañe no proceso de abrir portas e ventás para que entre a luz na túa casa?    

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*