Vang Gogh. Hijo de reemplazo

VINCENT VAN GOGH. OS FILLOS DE SUBSTITUCIÓN

 

Estes días revisei a película de animación “Loving Vincent”, dirixida por Dorota Kobiela e Hugh Welchman, que reconstrúe os derradeiros días de Van Gogh, a través das cartas que intercambiaba co seu irmán Theo. ¡Benditas cartas! Son un documento moi valioso, para contar a historia das familias.

 

 

No minuto 17,  despois de describir a tráxica morte do pintor, falan dun aspecto clave da súa biografía. Vincent Van Gogh tivo coma min , un irmán descoñecido.

 

 

En 30/03 nacía e morría, o primoxénito do matrimonio formado por Theodorus e Anna Cornelia, a quen puxeron por nome Vincent Willem. En 30/03 do ano seguinte, en 1853, nace o pintor a quen tamén poñen o nome Vincent Willem.  Si vos fixades, foi concebido apenas tres meses despois da morte do bebé, sen tempo algún para que a súa nai procesase o duelo, por esta perda perinatal.

 

 

Na  escena, podemos observar como Vincent, busca sen logralo a ollada da súa nai, que dirixe a súa a unha lápida. Na campa, hai unha inscrición que pon Vincent Willem e a data 30/03. 

 

 

Nos talleres de constelacións familiares ós que asistín, teño observado moitas veces, algo parecido. Un pai o unha nai ausentes, coa mirada posta en alguén, que xa non está. Trátase dun duelo conxelado, que impide a esa nai o pai, estar na Vida.  

 

 

Vincent non tivo a necesidade de asistir a un obradoiro de constelacións,  para darse de conta. A lápida co seu nome estaba ben visible, a poucos metros da súa casa. O pintor era un fillo de substitución de libro.

 

 

 

 

“El niño de reemplazo nace después de sus hermanos o hermanas muertos al nacer, muertos en el vientre materno o muertos a los pocos meses, o con pocos años. Los reemplaza porque viene a ocupar el vacío que el hermano dejó en el seno de su familia y aún más si le ponen el mismo nombre”.
 
Paola del Castillo

 

“La psicogenealogía aplicada. Cómo una saga puede esconder a otra”. Ediciones Obelisco

 

 

Pode que estas circunstancias, axuden a entender a súa pulsión de morte, a súas dificuldades para abordar un proxecto de vida propio e a necesidade imperiosa de expresar a súa propia voz, a través da pintura. Abonda con engadir a ollada severa do pai e a ausente da nai, para ter unha imaxe completa do cadro.  Outro aspecto interesante a analizar, sería a estreita relación que mantén co seu irmán Theo, pero iso é  outra historia.

 

 

Se observamos a foto da familia Van Gogh, poderemos descubrir que falta alguén… Aí están o pai, a nai  e os seus fillos: tres rapaces e tres rapazas. Son de dereita a esquerda, Vincent, Anna, Theo, Elisabeth, Willemina e Cor. Realmente, deberían ser sete. Seguro que as circunstancias do momento non permitiron realizar unha foto post-mortem do bebé.  Evidentemente, se tivésemos que facer a  súa árvore xenealóxica, habería que incluilo a el.  

 

 

 

 

Van Gogh. Hijo de reemplazo

 

 

Familia Van Gogh 

 

 

A árbore da familia Van Gogh pódese consultar en GENEANET. Invítovos a que o vexades, aínda que ten algúns erros. A historia desta familia é apaixonante! Se o analizades poderedes descubrir, que houbo outros Vincent na familia, en concreto, o avó e un tío paterno do pintor.

 

 

Pero o Vincent que quero que vexades agora é o sobriño e afillado do artista. Para celebrar o seu nacemento , ocurrido en 30/01, Van Gogh pintou una das árbores máis fermosas da historia da arte. Trátase de “Amendoira en flor”, unha alegoría dunha nova vida que empeza. Aos tres meses de rematar esta obra, Vincent Van Gogh suicídase. Era o 29 de xullo de 1890.  Na familia non había espazo para dous Vincent. 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.