VIVA LA NUMERACION.

VIVA LA NUMERACIÓN. UNHA ODA Á XENEALOXÍA

 

Hai unhas semanas tiven unha revelación.

 

 

Descubrín que a mítica canción de Jose Luis Rodríguez “El Puma” non empeza coas palabras, “bumerán, bumerán” , senón coas misteriosas “numerao, numerao” e que o “pavo real uuuh”, da canción, coa súa cola despregada, é  unha metáfora  dunha árbore xenealóxica en abanico.  “Numerao”, eso sí.

 

 

A canción é unha oda á xenealoxía en toda regra, concretamente ó método Sosa.

 

 

Chamádelle deformación profesional, se queredes.

 

 

Pode que os meus cinco sentidos estean contaminados pola miña pasión pola xenealoxía.   

 

 

Pero, non estades de acordo comigo en que “El Puma” está a falar aquí das bondades de numerar, para poñer unha pouca de orde nas nosas investigacións xenealóxicas?

 

 

 

 

 

 

O método SOSA de numeración

 

 

O sistema máis utilizado en xenealoxía, para numerar á nosa ascendencia directa é o SOSA (ou Sosa-Stradonitz) , que se chama así por Jerónimo de Sosa, o xenealoxista franciscano, que  utilizó por primeira vez este método. E tamén, polo alemán Stephan Kekulé Von Stradonitz, que o popularizou, dous séculos máis tarde.  

 

 

Segundo este tipo de numeración, empezaríamos pola persoa principal a quen se lle asignaría ó número 1.

 

 

O pai levaría o dobre e a nai o doble máis un. E así en cada xeración.

 

Persoa principal (1)

Pai (2)

Nai (3)

Avó paterno (4)

Avoa paterna (5)

Avó materno (6)

Avoa materna (7)

Bisavó paterno-paterno (8)

Bisavoa paterno-paterna (9)

Bisavó paterno-materno (10)

Bisavoa paterno-materna (11)

Bisavó materno-paterno (12)

Bisavoa materno-paterna (13)

Bisavó materno-materno (14)

Bisavoa materno-materna (15)

 

 

É indubidable que é unha forma útil de organizar o noso traballo, aínda que  limitada por non poder reflectir toda a diversidade familiar e sexual, que existe na sociedade.

 

Teño que confesar que a numeración SOSA quedou un pouco “velluca”, como a canción.        

 

 

 

Cóntame, encaixa a numeración SOSA co teu modelo de familia? Venche á cabeza algunha forma de mellorala?  Que outros sistemas utilizar para organizar a túa xenealoxía?         

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!