LA TEORIA DEL APEGO

YOGA LOVE. A TEORÍA DO APEGO

Comeza de novo o curso e con el , a idea de retomar unha actividade física, que me axude a soportar esta nova etapa.

 

 

O meu consello é que si vos apuntades a clases ioga, non o fagades por amor, como na canción.

 

 

E se finalmente o facedes, procurade que sexa por amor a vosoutros e vosoutras mesmas. 

 

 

 

 

 

 

Escotei “Yoga Love” por primeira vez, hai uns días en directo, nun concerto de Chucho.

 

 

Fernando Alfaro deulle entrada con esta frase: “Lo que llegamos a retorcernos por amor”.

 

 

As súas palabras  fixéronme sorrir, aínda que aquilo non tiña graza.

 

 

A canción estaba a contar a historia da miña vida: un retorcerme en silencio, para ser vista.

 

 

Estaba a falar da miña forma de estar no mundo, aprendida nos meus primeiros meses de vida, a través da relación coas persoas, que coidaron de min!    

 

 

A teoría del apego pon o foco en como esas primeras relacións, modelan a nosa personalidade.

 

 

Esta teoría distingue entre catro estilos de apego: seguro, evitativo, ansioso e desorganizado.  

 

 

Non  vou revelar aquí, o que teño experimentado na miña infancia. 

 

 

Afortunadamente, acabo de topar unha canción que me axuda a desdramatizar, cada vez que me sorprendo, retorcéndome ata o imposible , para buscar a ollada e a aprobación du Outro.    

 

 

 

 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!