O CEMITERIO ALEGRE. TURISMO NECROLÓXICO

 

 

 

Hoxe quero falarvos dun dos camposantos máis bonitos do mundo: o Cemiterio Alegre. Este cemiterio está na aldea de Sapanta, en Maramures, ó norte de Romanía. Tiven a sorte de visitalo hai moitos cucos, nunha viaxe que fixen a Romanía e Bulgaria.

 

 

Daquela aínda non era xenealoxista , pero amaba os cemiterios. Para mín era natural que pudiesen formar parte dun roteiro turístico. Era necroturista, sen sabelo. Será porque son galega? Lembro que cando os meus amigos e amigas visitaban Castro Caldelas, o pobo da niña nai, sempre os levaba ó camposanto, na cima da vila. É un cemiterio con vistas!  E que cando visitei por primeira vez, Vilar de Barrio, cunha das miñas mellores amigas,  tamén me levou  ó  cemiterio onde descansaban os seus, para mostrarme os traballos de cantería.  Así que, cando viaxei a Maramures, non dubidei en destinar un día, a este camposanto tan especial.

 

 

 

 

 

 

Cemiterio en Castro Caldelas

 

 

 

O peculiar deste lugar é que todas as lápidas están feitas en madeira entallada, con imaxes que describen a vida do defunto ou defunta ou as circunstancias da súa morte e un bonito epitafio, escrito en primeira persoa. O color dominante é o azul, que simboliza o ceo.

 

 

 

O culpable da existencia deste lugar é o artista local Stan Ion Patras (1908-1977), que tamén descansa neste cemiterio.   No ano 1935, escribiu os primeiros epitafios. Ós poucos, foi engadindo imaxes, ata chegar ás setecentas sepulturas. Cando paseas entre elas, podes observar como teñen mudado as formas de vivir e morrer.

 

 

 

 

Lápida no Cemiterio Alegre. Nena atropelado por un coche

 

 

Isto lémbrame unha anotación que topei hai uns meses, cando escaravellaba no Arquivo Diocesano de Lugo, que dice así: “En el día catorce de mayo de mil ochociento setenta y cinco se dio sepultura en el cementerio de la iglesia parroquial de San Roman de Mao al cadáver de Ignacio García, marido de Úrsula Saavedra, vecinos de Pacios en San Román, el cual falleció repentinamente bajando del monte que llaman Castrilín, con un carro de retama en compañía de su consorte y de su hijo Manuel. No hizo testamento ni recibió auxilio espiritual alguno… “. Libro de Defuntos de Santa María do Mao (1855-1883)  

 

 

Se Patras tivese que tallar a lápida deste home, estou segura de que escollería ese momento: pai, nai e fillo que baixan do monte e o carro tirado por unha besta. Unha forma de morrer doutros tempos… Un tempo no que aínda, non había tractores.

 

 

 

 

 

Ti tamén eres necroturista? Ou es desas persoas que evita entrar nun camposanto? Se puideses recomendar a visita a algún camposanto,  cal recomendarías?

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!