Esta Navidad, pon un allegado en tu mesa

ESTE NADAL, PON UN ACHEGADO NA TÚA MESA

 

Esta semana falouse moito sobre a conveniencia de incluír ás persoas achegadas, na nosa lista de invitadas, ás celebracións do nadal.

 

 

Eu, pola miña parte, aplaudo a determinación das autoridades sanitarias, xa que nesas datas teño previsto xuntarme coa miña parella, que reside noutra cidade. El é  técnicamente, un achegado.

 

 

Segundo o INE, o número de fogares unifamiliares en España ten pasado dun 8,8 % en 1981 a un 25,8 % en 2019. En definitiva, a sociedade española mudou.  

 

 

No entanto, hai quen pensa que vivimos aínda dentro dun fotograma do filme  “Plácido” de Luis García Berlanga, no que habería dúas categorías de persoas invitadas á mesa: a familia e os “pobres” achegados.

 

 

 

EN NAVIDAD, PON UN ALLEGADO EN TU MESA

 

 

 

 

Eses “pobres” achegados serían invitados de segunda,  animais exóticos a quen abriríamos a porta das nosas casas, case por caridade. A familia pola contra, serían invitados de primeira, por ter o monopolio dos afectos.

 

 

A miña idea de familia non discrimina entre lazos de sangue e outros lazos vinculares, que en moitas ocasións poden ser máis sólidos, aínda que os primeiros.

 

 

De feito, subscribo na súa totalidade a frase do escritor sueco Henning Mankell que di: “A nosa familia é en verdade infinda. Aínda que non saibamos, con quen nos estamos a cruzar na vida, nun instante brevísimo”.   

 

 

O debate destes días versou nas dificuldades para xustificar dun xeito eficaz, se a persoa que nos visita é  ou non é achegada. Quen é realmente un achegado? A nosa parella, un amorío de Tinder, un amigo ou amiga de toda a vida ou alguén da veciñanza, con quen temos intimado, durante o confinamento? 

 

 

Quen pon o foco sobre isto, esquece que tampoco é doado, xustificar quen é familia. Dependerá do grado de parentesco e de si é por consanguinidade o por afinidade. Nalgún dos casos, sería preciso levar unha árbore xenealóxica como salvoconducto, con todos os documentos probatorios.  

 

 

A idea é que sexamos prudentes e responsables nas nosas relación coa familia e cos “achegados”. 

 

 

As autoridades decidiron por fin, confiar na nosa responsabilidade individual. Pregúntome, se a nosa sociedade estará hoxe máis cerca do modelo sueco, no que as xerarquías xa non importan.         

 

 

Xa sabes quen se vai sentar xunto a ti, este nadal? Haberá familiares ou persoas achegadas? O quizáis os dous? 

 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!