Este é un básico, no que eu investigo para ti e busco documentos, que che axuden a coñecer a túa historia familiar.
Emprenderemos unha viaxe ao pasado, no que poderás saber, por fin, quen é quen.
Os documentos permitiranche poñer nomes e apelidos ás persoas que che precederon e tamén ubicalas no tempo e no espazo. Nos papeis poderás atopar información sobre os seus traballos e profesións, o seu diñeiro e patrimonio, as súas enfermidades e mesmo a súa vida afectivo-sexual.
Poderás coñecer a intrahistoria da túa familia e saber como transcorreu a súa vida, no marco dos grandes acontecementos históricos.
Será como unha viaxe en globo, no que poderás contemplar desde alá arriba o milagre da vida, que se manifesta na terra, xeración tras xeración.
Ás veces, investigarei desde casa, simplemente cunha boa conexión a internet e un computador. Pero noutras ocasións, terei que desprazarme fisicamente aos arquivos.
O meu centro de operacións está en Lugo. Isto permíteme visitar, con facilidade, arquivos de toda Galicia. Para investigacións fóra da comunidade, conto cunha rede de profesionais que colaboran comigo.
Unha vez finalizada a investigación, terás un informe con cada unha das xestións realizadas. Proporcionareiche os certificados e documentos obtidos en papel, así como os documentos dixitais. Por último, facilitareiche un arquivo GEDCOM para a súa posterior edición ou ampliación, con calquera software especializado en xenealoxía do mercado.