la infancia desprotegida. Oliver en Santiago

O GARDA MUNICIPAL QUE SE EXTRALIMITOU NAS SÚAS FUNCIÓNS

 

Esta historia estaba agochada entre os expedientes persoais de funcionarios do fondo “Concello de Santiago”, que se conservan no Arquivo Histórico Universitario.  

 

 

É un relato con reminiscencias “dickensianas”e final feliz.  

 

 

Os protagonistas son un garda municipal e un pequeno de doce años, detido, “por andar vagueando por las calles de esta ciudad y solo dedicarse a cometer raterías”.

 

 

O neno era de filiación e natureza coñecida.

 

 

Por iso, no día seguinte á súa detención, acordaron a súa liberación, coa única condición de que un municipal o puxese na estrada de Noia,  para que que regresase ó seu pobo. 

 

 

En resumo, alguén tiña que mostrar ó meniño, o camiño de volta.

 

 

O garda e o neno camiñaron  xuntos, ata a citada estrada.

 

 

Foi nese momento, cando o garda municipal excedeuse nas súas funcións.

 

 

O expediente disciplinario incoado polos seus superiores conta que, “al tiempo de despedirlo le dio un tirón de orejas y un junquillazo y que el chiquillo se echó a correr por la carretera abajo con tan mala suerte que se hizo un chichón en la cabeza”.

 

 

O garda guarda murmurou: “Traballo feito!” e  marchou sen mirar atrás. Seica tiña présa por chegar a algures.

 

 

O neno camiño soíño, durante un anaco. Cuando escureceu, deitouse nun lado da estrada e quedou profundamente durmido.  Un bocado máis tarde, despertouno outro garda menos agresivo, que o levou á súa casa “dándole de beber y al otro día por la mañana lo llevó consigo por la carretera en dirección a su pueblo”.

 

 

Non sei, se as persoas que exercían a patria potestade do infante foron amables, cando o recibiron en Noia. 

 

 

En 1895, a patria potestade era un asunto de familia, que formaba parte do ámbito estritamente privado.

 

 

 

 

“A historia da infancia é un pesadelo, do que empezamos a despertar hai ben pouco. Canto máis retrocedemos no pasado máis baixo é o nivel da puericultura e máis expostos están os meniños á morte violenta, o abandono dos pais, o terror e os abusos sexuais

 

Lloyd de Mause

 

 

 

As autoridades nada podían facer contra o maltrato no ámbito intrafamiliar, pero si perseguir a conducta do garda maltratador. A José, que así se chamaba, abríronlle un expediente e sancionárono cunha multa de dez pesetas, que equivalían a cinco días do seu haber mensual.  En certa maneira, fíxose xustiza. 

 

 

Era unha aberración que aquel que debía “protexer” ó menor, o maltratase.  

 

 

 

 

Hai na túa familia, historias de infancia con ecos dunha novela de Dickens? Sabes se pesoas da túa familia traballaron sendo nenos?  Sabes se estudaron? Era o seu fogar un lugar acolledor ou un lugar hostil? 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!