INVESTIGACIÓN GENEALÓGICA

A INVESTIGACIÓN XENEALÓXICA EN TEMPOS DE COVID-19

 

 

Hoxe visito por segunda vez, o Arquivo Histórico Diocesano de Santiago , despois da volta á nova normalidade. E desgraciadamente, regreso coas mans baleiras, maila ter sido puntual e dispoñer aínda dunha hora e medio de tempo.

 

 

Cal é a razón? Xa teño consultado as seis unidades que se permiten por persona e día. Para ser máis precisa, xa revisei cinco libros de bautismos e un de defuncións. Eses mesmos libros estarán en cuarentena, por un período de dez días.

 

 

A isto, habemos engadir o uso obrigatorio de máscara e dous pares de luvas (nitrilo e algodón), a limitación no aforo e o uso restrictivo dos espacios comúns. Todo sexa pola seguridade.

 

 

No Arquivo Diocesano de Lugo cómpre pedir cita previa e o tamaño diminuto da sala limita o aforo a uhna persoa por día. A contraparte é un horario xeneroso, que permite investigar pola mañá e pola tarde. O uso de máscara é obrigatorio.

 

 

O Arquivo Diocesano de Ourense non abriu ó público, desde a declaración do estado de alarma en marzo. De momento, non hai previsións de que o faga.

 

 

Teño saudade das miñas idas e vindas a Mondoñedo, Monforte e A Coruña. Ou das miñas visitas emocionadas ó Archivo de La Villa en Madrid ou ó Arxiu Nacional de Catalunya, en San Cugat del Vallés.  Incluso daquela outra, algo surrealista, a Ponferrada para revisar os libros de varias parroquias.

 

 

¡Son tempos estraños de movilidade reducida, luvas e máscaras! ¡Menos mal que nos queda o dixital!    

 

 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!