Dende que o COVID-19 irrompeu nas nosas vidas, dedico alomenos un anaco do día a ler, sobre esoutra pandemia que asolou o mundo no 1918, chamada inxustamente “gripe española”.
Tamén, tento facer memoria das veces que teño tropezado con esta enfermidade no meu escaravellar, persoal ou profesional.
Aparentemente, non hai mortes por gripe española na miña familia…. Tampouco nas miñas investigacións profesionais, salvo aquel caso do médico titular de A Mezquita , en Ourense.
Francisco Rodríguez García, que así se chamaba, morreu na segunda onda da “grippe”, con trinta e seis aniños.
Así nomeaban a esta doenza naqueles tempos. Era “grippe” con dúas pes, na súa versión francófona, como para clarexar que viña de fóra.
O noso médico, segundo constaba no seu certificado de defunción, deixou muller e filla.
A súa muller Petra puido solicitar, pola súa condición de viúva de médico “falecido de epidemia”, unha pensión remuneratoria de 1.100 pesetas anuais, que se lle concedeu un ano máis tarde, pola Dirección Xeral de Débeda e Clases Pasivas, dependente do Ministerio de Facenda.
Así o determinaba a Real Orde de 16 de novembro de 1918, que pretendía axilizar os trámites, para que as familias dos profesionais falecidos, solicitasen as pensións que lles correspondían, polos servizos extraordinarios prestados.
Era un recoñecemento especial, para as familias daqueles heroes. E digo heroes en masculino, porque daquela, so había médicos.
Cando a gripe chegou, Olimpia Valencia, aínda estaba a estudar na Facultade de Medicina de Santiago. Esta pioneira da medicina en Galicia, non abriría a súa consulta privada en Vigo, ata o ano 1925.
Levada pola curiosidade, decidín pescudar na Gazeta, colección histórica, para saber un pouquiño máis da identidade e lugar de procedencia dos médicos e tamén algúns farmacéuticos, que faleceron naqueles tempos, a causa desa espantosa enfermidade.
O resultado desta pequena investigación sobre as pensións remuneratorias, publicadas pola Dirección Xeral de Débeda e Clases Pasivas, na Gaceta de Madrid dos anos 1918-1920 foi unha listaxe de máis de cen profesionais.
Foron “mártires da ciencia”, que loitaron contra a epidemia, en todo canto recanto da xeografía española hai.
Vinte deles, traballaban en Galicia. Faltan talvez, os que por ser solteiros, non deixaron sobreviventes con dereito a pensión. É tamen aqueles, cuxas familias non presentaron a solicitude en tempo ou forma. Podería ser o caso de Eloy Parada, médico titular en Esgos ou de Julio Alfonsín Coto, médico titular de Meis.
En todo caso, pregúntome se os nomes destos homes, permanecen na memoria das persoas, que hoxe habitan as cidades, vilas, pobos e aldeas, onde eles traballaron.
RELACIÓN DE MÉDICOS E FARMACEÚTICOS, FALECIDOS DE EPIDEMIA, EN GALICIA
Pedro Anllo Pérez, médico, por Lugo- Abadín
Benito Pazos González, por Pontevedra-Pontevedra
Venancio Peón López, médico, por Pontevedra-Tomiño
Gonzalo Romero Juega, médico, por Coruña- Zas
José Manuel Armesto, médico, por Orense-Viana
Francisco Rodríguez García, médico, por Orense – A Mezquita
Francisco Cebreiro Picos, médico, por Coruña-Narón
Enrique Lens Cuena, médico, por Coruña-A Coruña
Teodoro Rubio Ulloa, médico, por Pontevedra- Tomiño
Jesús Noya Viqueira, médico, por Pontevedra-O Rosal
Leonardo Rosado Punín, médico, por Coruña-Pontedeume
Nicolás Blanco Sánchez, médico, por Coruña-Palmeira
Juan Rodríguez Martínez , médico, por Coruña-Monelos
Agustín Couceiro Núñez, médico , por Coruña-Paderne
Alejandro Sixto Baladrón, farmacéutico, por Orense-Laza
Manuel Calviño Covas, médico, por Pontevedra-Meaño
Carlos Cunqueiro Montenegro, médico, por Coruña-Allariz
Eduardo Fraga Sánchez, médico, por Lugo-O Incio
Ricardo Albarellos, médico, por Pontevedra-Vilanova de Arousa
Narciso Carrero Goyanes, médico, por Coruña-Santiago
Fonte: Gaceta de Madrid
Montse
25.01.2021 at 09:34Impresionante !! Cuantos dejaron su vida … y los que no se sabrán . Gracias por esta memoria
bisagras de papel
25.01.2021 at 15:06Gracias Montse!!! De hecho aquí sólo nombro a aquellos que eran familia de personas que solicitaron la pensión en plazo.
Odile
29.08.2022 at 14:18Gracias Helena por ser nuestra memoria y por hablar de esos héroes. Precioso reconocimiento de tu pluma.
bisagras
19.09.2022 at 09:03Gracias a ti Odile! Cuenta Laura Spiney en “El jinete pálido” que “cuando se pregunta cúal fue el mayor desastre del S.XX, prácticamente nadie responde la gripe española… La gripe española se recuerda de un modo personal, no colectivo; no como un desastre histórico, sino como millones de tragedias privadas”.