ETIQUETAS FAMILIARES

UNHA DE ETIQUETAS. A MIÑA SAÚDE, CONTADA POLA MIÑA NAI

Cando declararon o estado de alarma, chamei por teléfono á miña nai, para saber si se ía amañar. Nese momento, eu dubidaba do meu estado de saúde. Así que decidín confinarme soa, na miña casa de Lugo.

 

 

Esa misma semana estivera en Santiago. No Arquivo Histórico Diocesano, as personas que investigábamos aló, buscamos información nos ordenadores da sala, para cubrir os formularios de solicitude de libros. Fomos varias persoas a  sobar o teclado coas nosas mans. Ó día seguinte, soupen que unha das persoas, que estaba na sala con nós era italiana. Daquela, as fronteiras aínda non estaban pechadas.

 

 

Á volta de Santiago, estiven unha mañá no Arquivo Diocesano de Lugo. Aquí era casi imposible respeitar as distancias, xa que a sala era minúscula. Ademáis, aínda non estableceran ningún tipo de protocolo de seguridade. A tos seca dunha das investigadoras, que se sentaba ó meu lado fixo que saltasen todas as  miñas alarmas.

 

 

Cando falei coa miña nai disto e da posibilidade de estar contaxiada,  espetoume: “Tú tranquila. No te va a pasar nada. ¡Tú siempre tuviste las espaldas anchas!”.  Continuou co conto do feitiña e grande que eu era cando nacín. Nada que ver coa miña irmá e irmán!

 

 

Como podedes ver, colgáranme unha etiqueta, que en tempos de pandemia era moi útil para min.  Tiña unha saúde, a proba de bombas de citoquinas. 

 

 

Eu era a sa, a forte, a que nunca se queixa. Non podía defraudala. Xa sabedes que as nais sábeno todo! En realidade,  amoldeime a ese etiqueta, para non atormentala.  ´

 

 

Así foi como elexín  o camiño da saúde, pero tamén o do silencio e  a invisibilidade. E tamén o da disociación! Tiven que chegar á idade adulta, para desaprender. Máis vale tarde que nunca. Agora aínda estou a descubrir a importancia de regresar ó corpo e de escoitalo. De berrar ós catro ventos: “Eu  son”.      

 

 

E ti? Que etiquetas teste colgado? Tes pensado nos  pros e contra de levar esa etiqueta pendurada?  

Non hai comentarios

Síntoo, o formulario de comentarios está cerrado nestos momentos.

Don`t copy text!