LAS LISTAS DE EMBARQUE DEL PUERTO DE VIGO

OS BARCOS DA EMIGRACIÓN GALEGA

Hai meses que teño incluído o Arquivo Histórico de Pontevedra na miña listaxe da favoritos.

 

 

Teño a sorte de ter a escasos cinco minutos do meu novo lar, un arquivo con horario amplo, ubicado nun edificio singular, vixiado por dúas esfinxes de pedra e unha palmeira solitaria de gran porte.

 

 

A súa xemelga hai tempo de desapareceu, devorada por uns escaravellos exóticos de cor vermella e  apetito insaciable, dos que renego e ós que non quero recoñecer como parentes.    

 

 

Estaredes comigo, en que a voracidade dunha xenealoxista  pouco ten que ver coa escaravello bicudo. 

 

 

Eu son un ser totalmente inofensivo

 

 

Son unha miñaxoia entrenada para a construcción e non a destrucción de árbores.      

 

 

 

 

As listas de embarque do Porto de Vigo 

 

 

Un dos máis grandes  tesouros que podedes atopar neste arquivo son as listas de embarque dos fondos da Comisaría do Porto de Vigo.  

 

 

 

 

 

 

A primeira vez que consultei estes listaxes, foi por razóns rigorosamente profesionais.

 

 

Andaba a escaravellar na historia dunha familia, na que varios dos seus membros emigraran a Brasil.      

 

 

Tiña as fichas del Consulado, co nome do barco e a data de desembarco no  porto de destino, escritos no reverso.   

 

 

Así que pensei que, con esta información sería bastante fácil, facer a busca no arquivo.

 

 

Ós poucos, funme familiarizando cos nomes dos barcos que facían a ruta a América e das compañías navieiras de distintas nacionalidades, que operaron en Galicia, entre os anos 50 e 70.  

 

 

“Charles Tellier” da “Compagnie des Chargeurs Reunis”,“Begoña” da “Compañía Trasatlántica Española”“Yapeyú” da “Compañía Argentina de Navegación Alberto Dodero”  o “Veracruz” da “Companhia Colonial de Navegaçao”.   

 

 

Nomes gravados con cicel na memoria das persoas migrantes e incorporados para sempre ó seu léxico familiar.   

 

 

Nun deses barcos viaxou o pai , que Manuel Ferrol retratou xunto ó seu fillo, na mítica reportaxe do ano 1957, realizado no Porto da Coruña.

 

 

Viaxou tamén o neno do baúl, que Alberto Martí inmortalizou xunto ó seu irmán no mesmo porto da Coruña, no ano 1960, antes de embarcar no “Begoña”.  

 

 

E non esquezo a “Pancho”, personaxe de ficción, de “Sempre Xonxa”, que embarca rumbo a América desde o Porto de Vigo, “embullado” polo seu antagónico.  

 

 

 

Marcelino Sánchez Amor e os piratas “da liberdade”. 

 

 

Pasado o tempo, a miña teima por estas listaxes traspasou o límite do profesional.

 

 

Empecei por buscar ós meus tíos Alfredo, Manolo e Leonardo emigrados a Brasil, nos anos cincuenta.

 

 

Seguín con Marcelino Sánchez Amor, un dos personaxes da novela “Virtudes (e misterios)” .

 

 

Descoñezo quen será o seguinte…. 

 

 

Pero, imos agora con Marcelino.

 

 

 

 

 

 

En “Virtudes (e misterios)”, Xesús Fraga lamenta non poder documentar con precisión, a viaxe migratoria do seu avó a Venezuela.

 

 

A única pista que ten é a relación de “pases de fronteira” publicados en “La Voz de Galicia” de 13 de abril de 1955, onde consta a expedición do seu pasaporte. 

 

 

Estaban por outra banda, as postais enviadas presuntamente  dende Funchal, onde o barco fixo escala, antes de seguir cara a América.

 

 

Se o autor tivese que dicir un nome de barco ó chou , diría “Santa María”. 

 

 

O “Santa María” era un dos que naquelas datas, segundo a publicidade aparecida en prensa, facía a ruta a Venezuela.  

 

 

 

 

 

 

Este hipótese non confirmada, despertou en min, unha grande curiosidade.

 

 

Estaría certo Xesús Fraga ?  

 

 

Así foi como abordei unha desas investigacións, que eu chamo paralelas. 

 

 

Decidín dedicar un tempo do meu tempo a resolver o misterio de Marcelino. 

 

 

Primeiro, pedín a lista de barcos que tiñan viaxado á Guaira, en Venezuela, en 1955. 

 

 

Eran catorce en total.

 

 

Comecei polos barcos da “Companhia Colonial de Navegaçao”, por esa historia familiar das postais perdidas de Funchal.

 

 

Pedín a caixa onde estaban estes dous barcos portugueses: “Santa Maria” y “Serpa Pinto” . 

 

 

Ousei co “Santa María”.  E sabedes que? 

 

 

Atopeino…

 

 

O 25 de abril de 1955, Marcelino Sánchez Amor, embarcou no “Santa María”, con destino á Guaira.

 

 

Marcelino era o pasaxeiro número 472,  dunha longa lista de homes e mulleres, que viaxaban en terceira con destino a Venezuela, cos bolsos baleiros e a alma cargada de soños.  

 

 

Nese momento, ninguén podía imaxinar que o “Santa María” sería rebautizado co nome de “Santa Liberdade” en 1961 ou que o 25 de abril pasaría á historia, como o día de la revolución de los “cravos”. 

 

 

Estraña esta coincidencia espacial que non temporal de Marcelino Sánchez Amor cos “piratas da liberdade”!   

 

 

Aquel 25 de abril de 1955, Marcelino, veciño de Betanzos, casado e zapateiro de profesión convertiuse  “nun deses galegos que aínda emigraban”.

 

 

Deixaba atrás muller e tres fillas. 

 

 

Despois de Marcelino marcharían Virtudes e uns anos máis tarde Isabel, pero iso xa é outra historia.   

 

 

6 Comentarios

  • Helena Soto

    26.05.2023 at 15:31 Responder

    Bonita investigación.
    Eses arquivos non están dixitalizados, ou si?
    Tería interese nos dos porto da Coruña.

    • bisagras

      30.12.2023 at 13:16 Responder

      Non están dixitalizados polo momento. En canto ó que dis de A Coruña, os barcos de Vigo adoitaban a saír de A Coruña.

  • Amy Morales

    23.10.2023 at 18:00 Responder

    Hola buenas tardes, quisiera saber si tienes conocimiento de como puedo localizar una lista de embarque del año 1955 y 1956 del Trasatlántico Santa Maria ya que estoy buscando documentación que me certifique la salida de mi abuela de Tenerife en dicha época.

    • bisagras

      30.12.2023 at 13:19 Responder

      Creo que aquí no van a estar.

      Imagina que el Santa María hiciese escala en Tenerife. Los pasajeros no se registrarían por la comisaría de Vigo, sino por la de Tenerife.

  • Kirenia Rodriguez

    09.01.2024 at 02:54 Responder

    Hola., bueno noches ,quisiera saber como podría conseguir lista de embarque por el puerto de vigo del año 1893 del barco San Francisco, gracias

    • bisagras

      16.01.2024 at 17:04 Responder

      Lamento decirte que las listas de embarque que se conservan en el Puerto de Vigo son posteriores a esa fecha.

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!