ALFONSINA STORNI. A VOZ QUE BERRA

 

 

 

Moitas veces, pregúntome quen son todas esas persoas, que viviron antes ca min. Dalgunhas teño nomes e datas, fotografías ou descricións físicas e relatos repetidos, unha e outra vez. Doutras teño a lembranza do seu tacto, dunha  voz que se creba, de palabras en desuso e de olores antigos.  

 

 

 

Pero, que hai do que non se ve? Quixera saber, que porción do que e do como das miñas accións teñen o recendo de Casilda, Elvira e Dolores e doutros nomes esquecidos.

 

 

E nese instante, teño a certeza de que ben puidera ser que a miña voz fose unha ferramenta de expresión, do que non se dixo anteriormente, de dores antigas e ancestrais, que se perden na noite dos tempos. E que as miñas mans e todo o meu corpo estean a executar movementos imposibles, antes vetados para elas. Sinto que estou moi preto de Alfonsina Storni , esa muller que hai xa cen anos, berraba e incomodaba, cas súas “chillonerías de comadrita”  . A súa era unha voz poética, que puña fin a séculos e séculos de “ti non podes”, de “caladiña estás máis guapa” e outras ladaíñas.     

 

 

 

 

 

 

Alfonsina Storni paseando pola rambla de Mar de Plata. 1936 

 

 

 

 

“Pudiera ser que todo lo que en verso he sentido

 

no fuera más que aquello que nunca pudo ser,

 

no fuera más que algo y reprimido

 

de familia en familia, de mujer en mujer.

 

 

Dicen que en los solares de mi gente, medido

 

estaba todo aquello que se debía hacer…

 

Dicen que silenciosas las mujeres han sido

 

de mi casa materna… Ah, bien pudiera ser…

 

 

A veces en mi madre apuntaron antojos

 

de liberarse, pero se le subió a los ojos

 

una honda amargura, y en la sombra lloró.

 

 

Y todo esto, mordiente, vencido, mutilado,

 

todo esto que se hallaba en su alma encerrado,

 

pienso que sin quererlo lo he libertado yo”

 

 

Irremediablemente. 1919

 

 

Que sabes da historia das mulleres da túa familia? Foron sumisas ou valentes? Tes pensado no peso que a historia da túa linaxe materna ten na túa biografía?  

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!