HISTORIAS ANÓNIMAS. TRANSEÚNTE ATROPELADA POR UN TRANVÍA

 

 

 

A semana pasada, namentres escaravellaba nos libros parroquiais de Santo André de Lourizán, os meus ollos bateron nunha anotación diferente, que dicía así: “Una transeúnte arrollada por la máquina del tranvía, ignorado su nombre y su procedencia”.

 

 

 

Xa sabedes, que teño debilidade polas mortes anónimas… O que non podía imaxinar, era a riqueza de detalles deste nota rexistral, que falaba non só dos rasgos físicos da muller atropelada, senón tamén da roupa que vestía. Iso fíxome cavilar, no moito que ten mudado a nosa forma vestir e morrer. A modernidade veu con armarios cheíños de roupa, de usar e tirar, e impactos a velocidades imposibles.     

 

 

 

 

Foto: Francisco Zagala Pérez. 1885.  Museo de Pontevedra

 

      

 

“En el cementerio de esta parroquia de San Andrés de Lourizán, término municipal de la ciudad de Pontevedra el diecisiete de octubre de mil ochocientos noventa, se dio sepultura eclesiástica al cadaver de una mujer que fue arrollada por el tranvia a las doce de la mañana de ayer en el lugar de la Iglesia, dejandola cadaver en el acto. Se ignora su nombre y procedencia, solo parece tener cincuenta o sesenta años de edad, pelo canoso, cara redonda y blanca, vestía saya azul, chambra blanca con pintas negras, pañuelo amarillo a la cabeza y otro amarrado al cuello con cenefa blanca; también lleva para cubrirse un mantelo de tarazona castaña, se le hizo el oficio de sepultura y para que conste la firma Marcial Sueiro”. Libro de Difuntos de Santo André de Lourizán  (1859-1904). Arquivo Histórico Diocesano de Santiago.   

 

 

 

 

Os gastos do funeral, escribiu o señor cura, foron asumidos pola empresa de tranvía, “que dispuso para que al día siguiente se celebrase el acto fúnebre por el alma de la anterior desagraciada, que tuvo efecto con la asistencia de cinco señores sacerdotes”. Toda unha  multitude!

 

 

 

Nada sabemos de se houbo indemnización á familia de quen, según datos adquiridos posteriormente resultó ser Maria Cambeses, viuda de la parroquia de San Salvador de Covelo, ayuntamiento de A Lama, partida de Caldelas”.

 

 

 

O que si sabemos, é que a nosa malfadada viúva foi sorprendida por unha máquina a vapor, que cubría a recentemente inaugurada liña de tranvía, que unía Pontevedra co porto de Marín. Pregúntome que facía esa muller de Covelo en Lourizán, se ía descalza e se había algo na súa roupa, que delatase a súa condición de viúva.  Quizáis era a primeira vez que miraba un tranvía…

 

 

 

Que sabes da intrahistoria das mulleres da túa familia? De que cor eran as súas sus roupas? Cantas saias e chambras tiñan? Levaron loito polos seus familiares? Hai algunha morte violenta ou accidental, que perdure na memoria familiar? 

 

 

 

 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!