LOS TOPOS

LOS TOPOS. HISTORIAS DE CONFINAMENTO

 

 

Día once de corentena. Retomo a lectura de “Los Topos. El testimonio de quienes pasaron su vida escondidos en la España de la posguerra”, de Jesús Torbado e Manu Leguineche. Edicións Capitán Swing.

 

 

 

 

LOS TOPOS

 

 

 

 

O libro publicado, por primeira vez en 1977, recolle as historias de dezaoito homes, que cando rematou a guerra, buscaron protección en todo tipo de acubillos, para escapar dunha morte certa.

 

 

 

Seique, o meu avó Aurentino foi unha das primeiras persoas, que buliu, para mercalo nas librarías. Quizáis foi a súa derradeira lectura, xa que en marzo de 1978, morreu. Eu era nena daquela e pouco sabía das cousas dos maiores… Agora cando o estou a ler , pregúntome de onde lle viría a él, a fascinación polos toupas. 

 

 

 

 

Toupa

 

 

“Pequeno mamífero da familia dos tálpidos, de corpo cilíndrico e cor negra, coas patas curtas e fortes uñas, coas que escava as galerías en que vive”

 

 

 

Diccionario RAG

 

 

 

A meirande parte dos toupos da posguerra, saíron dos seus agochos, co indulto do ano 1969. Trinta anos, sen saír á rúa! Voltaron como pantasmas. Esbrancuxados, case cegos, enfermos e ridiculizados pola prensa oficial, que se chufaba deles, chamándolles “tontos de a pie”, como si o seu medo fose infundado.  

 

 

 

Contan os autores do libro, que cando acudían ás presentacións e sinaturas de exemplares en distintas localidades, sempre se lles achegaba alguén que inesperadamente, confesaba: “Yo también fui topo”.

 

 

 

Eles non visitaron Ourense, pero estou segura, de que o meu avó, tamén podería terse achegado a eles, para lle bisbar as mesmiñas verbas. Él tamén estivera acubillado, agochado e confinado nunha especie de exilio interior.    

 

   

 

A lectura de “Los Topos”, permíteme tamén relativizar sobre as condicións do meu confinamento actual. No fin de contas, espero que non se alongue máis dun mes. Na rúa, non hai matóns apostados, preparados para calquera cousa. Teño comida e bebida dabondo, unha certa movilidade e acceso a un cuarto de baño. Ó futuro é incerto, si. Pero, sempre foi así.

 

 

 

Deixóvos agora, coas palabras de Saturnino de Lucas Gilsanz “El Cojo”, que estivo escondido trinta e  tres anos e que conta como era a súa rutina diaria: “Yo me despertaba a las seis de la mañana o las siete de la mañana. Hacía un resumen general del día anterior y luego me forjaba lo que había de hacer durante el todo el día y el tiempo venidero. Casi todos los días pensaba lo que debía de hacer y lo llevaba a la práctica; yo lo llevaba todo completamente hilvanado, y así claro, no fracasaban las cosas. Así como resumen puedo decirle que lo pasado estupendamente bien”.  Pois nada, voume aplicar o conto.

 

 

 

 

Que sabes dos pasatempos da túa familia? Que libros lían? Que canción cantaban? Como era o mundo ideal, que eles soñaban? Vivían para dentro ou para fóra?     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1Comentario

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!