gripe

OS MÉDICOS QUE COMBATIRON A GRIPE DO 1918

Dende que o COVID-19  irrompeu nas nosas vidas, dedico alomenos un anaco do día a ler, sobre esoutra pandemia que asolou o mundo no 1918, chamada inxustamente “gripe española”. 

 

 

Tamén, tento facer memoria das veces que teño tropezado con esta enfermidade no meu escaravellar, persoal ou profesional. 

 

 

Aparentemente, non hai mortes por gripe española na miña familia…. Tampouco nas miñas investigacións profesionais, salvo aquel caso do médico titular de A Mezquita , en Ourense.

 

 

Francisco Rodríguez García, que así se chamaba, morreu na segunda onda da “grippe”, con trinta e seis aniños

 

 

Así nomeaban a esta doenza naqueles tempos. Era “grippe” con dúas pes, na súa versión francófona, como para clarexar que viña de fóra.

 

 

O noso médico, segundo constaba no seu certificado de defunción, deixou  muller e filla.

 

 

A súa muller Petra puido solicitar, pola súa condición de viúva de médico “falecido de epidemia”, unha pensión remuneratoria de 1.100 pesetas anuais, que se lle concedeu un ano máis tarde, pola Dirección Xeral de Débeda e Clases Pasivas, dependente do Ministerio de Facenda.

 

 

Así o determinaba a Real Orde de 16 de novembro de 1918, que pretendía axilizar os trámites, para que as familias dos profesionais falecidos, solicitasen as pensións que lles correspondían, polos servizos extraordinarios prestados. 

 

 

Era un recoñecemento especial, para as familias daqueles heroes. E digo heroes en masculino, porque daquela, so había médicos.

 

 

Cando a gripe chegou, Olimpia Valencia, aínda estaba a estudar na Facultade de Medicina de Santiago. Esta pioneira da medicina en Galicia, non abriría a súa consulta privada en Vigo,  ata o ano 1925.   

 

 

Levada pola curiosidade, decidín pescudar na Gazeta, colección histórica, para saber un pouquiño máis da identidade e lugar de procedencia dos médicos e tamén algúns farmacéuticos, que faleceron naqueles tempos, a causa desa espantosa enfermidade. 

 

 

O resultado desta pequena investigación sobre as pensións remuneratorias, publicadas pola Dirección Xeral de Débeda e Clases Pasivas, na Gaceta de Madrid dos anos 1918-1920 foi unha listaxe de máis de cen profesionais.

 

 

Foron “mártires da ciencia”, que loitaron contra a epidemia, en todo canto recanto da xeografía española hai.

 

 

Vinte deles, traballaban en Galicia. Faltan talvez, os que por ser solteiros, non deixaron sobreviventes con dereito a pensión. É tamen aqueles, cuxas  familias non presentaron a solicitude en tempo ou forma. Podería ser o caso de Eloy Parada, médico titular en Esgos ou de Julio Alfonsín Coto, médico titular de Meis.      

 

 

En todo caso, pregúntome se os nomes destos homes, permanecen na memoria das persoas, que hoxe habitan as cidades, vilas, pobos e aldeas, onde eles traballaron.  

 

 

 

RELACIÓN DE MÉDICOS E FARMACEÚTICOS, FALECIDOS DE EPIDEMIA, EN GALICIA 

 

 

Pedro Anllo Pérez, médico, por Lugo- Abadín

Benito Pazos González, por  Pontevedra-Pontevedra 

Venancio Peón López, médico, por Pontevedra-Tomiño

Gonzalo Romero Juega, médico, por Coruña- Zas

José Manuel Armesto, médico, por Orense-Viana 

Francisco Rodríguez García, médico, por Orense – A Mezquita

Francisco Cebreiro Picos, médico, por Coruña-Narón

Enrique Lens Cuena, médico, por Coruña-A Coruña

Teodoro Rubio Ulloa, médico, por Pontevedra- Tomiño

Jesús Noya Viqueira, médico, por Pontevedra-O Rosal

Leonardo Rosado Punín, médico, por Coruña-Pontedeume

Nicolás Blanco Sánchez, médico, por Coruña-Palmeira

Juan Rodríguez Martínez , médico, por Coruña-Monelos

Agustín Couceiro Núñez, médico , por Coruña-Paderne

Alejandro Sixto Baladrón, farmacéutico, por Orense-Laza

Manuel Calviño Covas, médico, por Pontevedra-Meaño

Carlos Cunqueiro Montenegro, médico, por Coruña-Allariz

Eduardo Fraga Sánchez, médico, por Lugo-O Incio

Ricardo Albarellos, médico, por Pontevedra-Vilanova de Arousa

Narciso Carrero Goyanes, médico, por Coruña-Santiago

 

 

Fonte: Gaceta de Madrid  

2 Comentarios

  • Montse

    25.01.2021 at 09:34 Responder

    Impresionante !! Cuantos dejaron su vida … y los que no se sabrán . Gracias por esta memoria

    • bisagras de papel

      25.01.2021 at 15:06 Responder

      Gracias Montse!!! De hecho aquí sólo nombro a aquellos que eran familia de personas que solicitaron la pensión en plazo.

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!