“LA MAYORAZGA DE BOUZAS” DE EMILIA PARDO BAZÁN

 

 

Hai unhas semanas, cando me documentaba sobre o carlismo en Galicia, din cun contiño de Emilia Pardo Bazán, no que as mulleres si teñen un papel principal. Nada que ver coas simples figurantes, que aparecen no meu anterior artigo.

 

 

Dase a casualidade ademáis de que a protagonista do relato ven a ser sobriña de ficción do mítico “señorito de Bullán”.  Xa sabedes que Emilia Pardo Bazán gustáballe cambiar os nomes de persoas e lugares.  Lembrade, por exemplo, o mítico Marineda, que hoxe da nome ó centro comercial de A Coruña. 

 

 

Nesta historia “o Señorito de Bullán” convértese no “ Señorito de Padornín” e o seu  Bullán natal, nun escenario calquera de “la Galicia primitiva, la bella, la que hace veinte años estaba todavía por descubrir”, que da en chamarse Bouzas.     

 

 

“La mayorazga de Bouzas” publicouse por primeira vez en 1886, en “La Revista de España”. Hoxe, podedes topalo na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes ou na recopilación, titulada Un destripador de antaño y otros cuentos” de Alianza Editorial.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nesta contiño hai información comprida sobre as guerras carlistas, a institución do morgado e os casamentos arranxados. Tamén dos estereotipos de xénero, do desexo sexual das mulleres e de parentescos doutros tempos.  Lembrade que Emilia Pardo Bazán foi unha pioneira do feminismo.  E  por último, también hai espazo para as lealdades familiares inconscientes, xa que a morgada, resultou ser unha doble dese tío carlista, que non coñeceu e do que nunca ouvira falar. Este contiño é ouro!  

 

 

 

 

 

 

“morgado, morgada”

 

Fillo ou filla, que herda  os bens, que se perpetúan na familia

 

 

 

 

 

 

A protagonista desta historia é herdeira, por accidente. O accidente acontece na primeira guerra carlista, cando o seu  tío que “había levantado una partidilla, vagando por el contorno bajo el alias guerrero de Señorito de Padornín”, morre dunha forma tráxica, a mans das tropas cristinas.   

 

 

A inesperada morte do primoxénito convirte ó pai da protagonista en morgado, por ser o seguinte da fratría. E a súa filla por ser única, en futura morgada.  

 

 

A morgada herdou outras cousas do seu tío. Estaba a peluxe que cubría o seu beizo superior, a súa complexión sanguínea e a expresión franca e enérxica.

 

 

Despois estoura a terceira guerra carlista …  Xusto entón,  ela sinte que no seu sangue ferve a vea facciosa, “como si el espectro del tío cosido a bayonetazos se le hubiese aparecido al anochecer entre las nieblas del Sil demandando venganza”.  A medida que o relato avanza asistimos á transformación da morgada, na peor versión do seu tío Que cadro!

 

 

Que cousas sabes e non sabes da túa historia familiar? Tes un parecido pasmoso cun tío ou tía? Cres que podes estar a repetir a súa historia? 

 

 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!